xoves, 3 de decembro de 2015

tema 2:Hardware actividade 7

ACTIVIDADE 7.
        
     Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome
     Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario  buscar información adicional) e son os seguintes:
      Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á figura 27 da páxina 44 do libro.
      Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria).
      Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede.



          -Disco duro: Un disco duro é un dispositivo magnético utilizado para almacenar unha gran cantidade de información. Están compostos por varios pratos, apilados nun mesmo eixe que xira a gran velocidade dentro dunha caixa metálica selada. Entre os pratos están situadas as cabezas de lectura-escritura que len e escriben nas dúas caras de cada disco.

        Dependendo da tecnoloxía empregada para a transferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tipos: IDE, SCSI, SATA, SAS, etc. O seu tamaño aumentou vertixinosamente, pasando do primeiro disco duro de 5 MB, que pesaba unha tonelada, a os discos actuais de varios TB cun tamaño algo maior que un teléfono móbil.







        





        A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non necesita corrente para manter gardados os datos. Funciona mediante impulsos eléctricos e alcanza velocidades de funcionamento moi superiores a outros dispositivos, porque permite ler e escribir datos de forma simultanea.

            Converteuse nun soporte de uso habitual para almacenar e transportar información xa que, entre as súas características destacan a súa gran capacidade , as súas pequenas dimensións, o seu baixo prezo, a súa gran resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferente tipo e a súa facilidade de emprego. A vida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse entre mil e un millón as veces que se pode gravar información nela.

Os tipos de memoria flash son:

       -Memorias USB: Pequenos dispositivos cun chip de memoria flash. Conéctanse ao ordenador a través do porto USB en quente, é dicir, aínda que estea encendido. Xeralmente, non hai que instalar ningún software nin driver para empregalas, xa que o sistema operativo as recoñece automaticamente.



           
           -Tarxetas de memoria: Son soportes de almacenamento empregados habitualmente en cámaras dixitais e móbiles, polo que normalmente se conectan ao ordenador a través dun lector de tarxetas de memoria para transferir a súa información. Existen multitude de tipos e formatos en función do fabricante; algúns dos máis comúns son SD, MiniSD, MicroSD, NanoSD, Compact Flash, Memory Stick, xD, MMC, etc.









        Unha unidade de estado sólido ou SSD (Solid State Drive) é un dispositivo de almacenamento secundario de gran capacidade e alta velocidade. Ten o mesmo uso que os discos duros, pero non está formado por discos mecánicos, se non por memorias de circuítos integrados para almacenar a información, empregando tecnoloxías como a memoria flash, a memoria SDRAM, etc. Ao non ter pezas móbiles, a unidade de estado sólido reduce drasticamente o tempo de búsqueda e latencia, polo que se converteron nunha alternativa moito máis rápida que os discos duros.

         As SSD fan uso da mesma interface que os discos duros e, polo tanto, son facilmente intercambiables sen ter que recurrir a adaptadores ou tarxetas de expansión para compatibilizalas có equipo

        Ao ser inmunes as vibracións externas, son especialmente aptas para vehículos,ordenadores portátiles e outros dispositivos móbiles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario