xoves, 24 de setembro de 2015

A miña musica preferida

                O meu xénero de música preferido é a música electrónica. Este estilo musical emprega para a súa producción instrumentos electrónicos e tecnoloxía. A producción destes sons pode obterse a partir do Theremin (a principios do século XX), o sintetizador e, actualmente, o ordenador, grazas a programas informáticos.

          Os meus artistas preferidos deste xénero é Swedish House Mafia. Este trío foi formado no ano 2007 en Suecia por Axwell, Sebastian Ingrosso e Steve Angello. Este grupo obtivo un gran éxito mundialmente (gañaron un Grammy en 2012), mais separaronse no ano 2013, tras realizar unha xira por todo o planeta. Actualmente, os integrantes do grupo continuan a súa carreira, Steve Angello de xeito individual, e Axwell e  Ingrosso de forma conxunta.