xoves, 3 de decembro de 2015

tema 2:Hardware actividad 9

ACTIVIDADE9.PDF

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE9.
Os conceptos están definidos nas páxinas 49 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
(0.75 puntos) Módems (ADSL,cable e USB). Busca unha imaxe de cada un na rede.
(0.75 puntos) Router. Busca unha imaxe na rede.
(0.5 puntos) Dispositivo PLC. Busca unha imaxe na rede.
(1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as súas partes

Módems:
        Os módems son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha linea analóxica ou dixital. A palabra módem proven dos términos MOdular-DEModular e a súa misión consiste en converter a sinal dixital dos ordenadores en analóxica e viceversa.
En función da tecnoloxía empregada para transmitir a información distínguense varios tipos:
   - Módem ADSL: Emprega u fío de cobre dunha línea telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade. Esta tecnoloxía denominase asimétrica debido a que a capacidade de descarga (dende a rede ata o usuario) e a capacidade de subida de datos (en sentido oposto) non coinciden. A tecnoloxía que se emprega, ADSL2, ADSL+2 ou VDSL, proporciona un gran acho de banda que permite integrar na mesma línea voz, datos, vídeo e televisión de alta calidade, polo que é unha das máis empregadas.
   - Cable módem: Deseñado para modular a sinal de datos sobre unha infraestrutura de conexión por cable que, adicionalmente, proporciona acceso a internet de banda ampla.

    -Módem USB: Utiliza a banda ampla móvil para obter Internet en calquera lugar e momento, sempre que se dispoña de cobertura. Ofrece diferentes velocidades en función do tipo de conexión, GPR3, 3G ou 4G. Os teléfonos intelixentes podense configurar como módem con que conectar outros dispositivos inalámbricamente.
- Satmódem para satélite: A conexión a Internet faise vía satélite. Pode ser unidireccional, solo pode recibir datos, ou bidireccional, con capacidade para recibir e enviar.
  ADSL:

Módem USB



Cable módem


Resultado de imaxes para cable modem



    Router: 

  Un router é un dispositivo que permite interconectar diferentes redes informáticas, seleccionando a ruta de comunicación máis adecuado para o envío de datos. A maioría de routers tamén inclúen un módem coa tecnoloxía adecuada para a conexión a internet.

Resultado de imaxes para router



Dispositivos PLC:

  A tecnoloxía PLC (Power Line Communications) utiliza a línea eléctrica convencional para a transmisión de datos. Os dispositivos PLC teñen unha función similar á de un módem, aínda que neste caso utilizan a rede eléctrica para a  transmisión de datos. O seu uso permite, entre outras cousas, o acceso a Internet mediante banda ampla, a transmisión de vídeo de alta definición e o uso de telefonía IP.





  

Cableado de rede:
 O cable é un dos medios de conexión utilizado nas redes para transmitir datos. Existen diferentes tipos d3e cable:

- Cableado dixital: Está formado por un fío conductor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. É similar á que usa se usa para a antena de televisión, aínda que está en desuso.


- Cableado de par trenzado: Está constituído por 4 pares de fíos. Cada par está entrelazado para disminuir a interferencia eléctrica e evitar que se acople a sinal entre os pares. Dentro deste cableado distinguense os seguintes tipos:

UTP: É un cable non apantallado. É de baixo coste pero sensible ás interferencias, polo que produce máis errores que outros cables.

STP: é un cable apantallado, é dicir, ten unha malla metálica arredor do cable que o protexe das interferencias electromagnéticas




































































































































































































































Ningún comentario:

Publicar un comentario